6ª EDICIÓN

Non hai treboada capaz de por freno á emoción, non hai augacero capaz de frenar o movemento, non hai choiva que sexa quen de deter a creatividade. Fronte a enerxía infinita da danza, caia a que caia, son quincegotas.

O festival de danza na rúa da Coruña volve un ano máis para sacar dos teatros aos mellores creadores y bailaríns e achegar a emotividade e expresividade das pezas máis novidosas ao gran público nunha xornada pensada para empapar alma e espíritu de maxia. 

O domingo 4 de xuño, o Castelo de San Antón transforma pedra e herba en táboas e platea para que o corpo sexa o protagonista. E se chove, pois que chova.

Web construida con WordPress.com.

Un sitio web de WordPress.com

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar